miércoles, 25 de marzo de 2009

XARDÍN XEOLÓXICO







Este ano, unha das actividades do grupo de xeoloxía foi a creación (e é aínda) dun xardín de pedras... As rochas e minerais proceden, salvo algunha excepción, das proximidades do instituto.





4 comentarios:

  1. Estaba a facer un barrido na procura de blogues da Ulloa e topeime co voso.

    Co que a min me gustan as pedras!

    Unha suxerencia, leva ós teus alumnos ó monte de Irixe, o Chán de Irixe chámanlle os veciños está xusto por enrriba de Irixe (parroquia de Marzán, concello de Monterroso, claro).

    Chegar alí e doado: colles a carretera de Lugo e en Guntín, xusto despois de pasar as curvas e a ponte, colles a carretera de Santiago. A un quilómetro atopas a ruinas da canteira (mina de ferro en realidade) alí verás un desvío que pon Irixe (creo que narca 800 m.) subes pola pista e xa estás no monte. So con ver as pedras dos valados teredes material para o voso xardín. Unha das cousas que podedes atopar (eu atopeina na beira da estrada) é goethita "iridiscente".
    Na rede podes atopar un traballo de xeoloxía da Universidade de Oviedo sobre as formacións da zona. Fala, entre outras cousas da lousa carbonatada dos restos fósiles de crinoideos e animais mariños do Silúrico da era primaria, poñendo no Google: Irixe Guntin fósiles atoparálo á primeira.

    Por certo, eu non estudiei xeoloxía, pero agora boto en falta non saber mais do tema.

    No meu blogue teño unha entrada que fala da aldea de Marzán, gustaríame que a vises.

    Enlaceivos no meu blogue.

    Saúdos

    www.aulloaenfotos.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Teño unha pregunta: ¿de qué pedra están feitas as dúas columnas do pórtico da igrexa de Amoexa (Antas de Ulla)? Gustaríame sabelo para incluílo nun post que fixen sobre esa igrexa.

    ResponderEliminar
  3. Xa vexo que as repostas fanse esperar...

    ResponderEliminar