viernes, 4 de junio de 2010

A TERRA, UN PLANETA VIVO




A última actividade realizada neste curso, foi unha exposición, como non, sobre o noso planeta, pero centrándonos en dous aspectos: os fenómenos que crean relevo, e os fenómenos que o destrúen.
O resultado, espectacular....

martes, 17 de noviembre de 2009

1º PASEO....


Dentro das distintas actividades programadas para esta asignatura, está a de coñecer o entorno xeolóxico do noso centro... A semana pasada fomos co piolet en man na busca de exemplares frescos. O que atopamos, nun radio moi pequeno en km, atopamos tres rochas distintas, cuarcita (Penas de Pol), lousa gris-azulada (Vacaloura) e granito (Arxona),o que mostra a variedade xeolóxica da zona.

A HISTORIA DA TERRA NUNHA COLUMNA...




Aproveitando a forma dunha columna do laboratorio de Ciencias, decidimos darlle un pouco de cor e representar nela, en forma de estratos, a historia da Terra, os distintos períodos, cos seus fósiles característicos... A tarefa é complicada, pero agardamos rematala nun par de semanas...


miércoles, 4 de noviembre de 2009

SUPERVOLCANOS!!!!!

Coñécense varios tipos de volcáns no mundo, dependendo do xeito de erupcionar.. A excepción atopámola no parque nacional de Yellowstone. Nen a terrible explosión do Krakatoa ou de Támbora se lle podería aproximar a se este bonito parque chegara a estoupar

jueves, 8 de octubre de 2009

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO....

Fronte ó que parecía ser un "nunca máis", agora é un "seguimos aquí"..
Estoume referindo loxicamente á asignatura de xeoloxía de 2º de Bacharelato..
O novo curso comeza, e con el, novos alumnos con ganas de facer cousas...
Sigamos entón coas ensinanzas de Hutton e Lyell...

miércoles, 25 de marzo de 2009

XARDÍN XEOLÓXICO







Este ano, unha das actividades do grupo de xeoloxía foi a creación (e é aínda) dun xardín de pedras... As rochas e minerais proceden, salvo algunha excepción, das proximidades do instituto.





martes, 24 de marzo de 2009

MODELAXE NAS AULAS..




Fai unhas semanas os alumn@s dedicáronse a crear figuras de deformacións (pregamentos, fallas,...) en plastilina...


O resultado foi moi bo, polo que empezo a pensar que son todos uns artistazos