miércoles, 25 de marzo de 2009

XARDÍN XEOLÓXICO







Este ano, unha das actividades do grupo de xeoloxía foi a creación (e é aínda) dun xardín de pedras... As rochas e minerais proceden, salvo algunha excepción, das proximidades do instituto.





martes, 24 de marzo de 2009

MODELAXE NAS AULAS..




Fai unhas semanas os alumn@s dedicáronse a crear figuras de deformacións (pregamentos, fallas,...) en plastilina...


O resultado foi moi bo, polo que empezo a pensar que son todos uns artistazos





Sucedeu fai 5 millóns de anos...




Se poideramos viaxar no tempo ata fai 5 m.a. ó medio do Atlántico, observariamos o nacemento dunha illa desde os fondos oceánicos, mediante o aporte contínuo de lava e piroclastos...


Así naceu a illa de Madeira...


Hoxe en día atopamos nela os restos dese nacemento tan espectacular, ademáis dunha vexetación tan frondosa como a de calquera selva tropical...

miércoles, 18 de marzo de 2009

Explotou o Chaitén....


O Chaitén non era un dos volcáns máis activos de Chile, de feito, levaba séculos en calma... no 2008 despertou e as imaxes que nos deixa ponnos de manifesto o extraordinariamente bonito, e a vez perigoso, que resulta un volcán

PERIGO!!!!

Actualizando iago,a verdade è que me està obrigando a actualizar Isabel.......
Parece ser que hai unha páxina web colombiana que informa sobre o estado dos volcáns do país. Lamentablemente na nosa terra non temos moito perigo volcánico, cando exista crearemos unha nova páxina para informarvos

VIVA O FARELO!!!!!


A profa mandounos de excursión ó Farelo para quitarlle fotos ás rochas (pedras, diría eu...).
Aquí vai unha foto dos excursionistas..
Vale a pena mencionar que atopamos no cumio a un vasco que se dedica a conquistar os "teitos" de Galicia...
OLÉ!!!!!!

jueves, 12 de marzo de 2009

Na Vacaloura...


Un dos obxectivos desta asignatura é coñecer o entorno xeolóxico máis próximo ó instituto...E para eso, hai que moverse!!!

Un dos sitios máis coñecidos, son os montes da Vacaloura, en concreto, as penas de Pol... Neste lugar atopamos unhas crestas enormes que resaltan no terreo de cuarcita

OS RAROS....

Quen estuda xeoloxía en 2º de Bacharelato??? Sinceramente, moi pouca xente...
Eu, como profesora, chamaríalle "Os elexidos"...
Como este vai ser o último ano no que se imparta esta asignatura, témolo pensado disfrutar ata o último momento...
Pois ahí vai....